Servizo de Extensión Universitaria

A PERSOA USUARIA que accede e usa esta páxina web coñece e acepta as condicións xerais aquí redactadas, e as modificacións que se produzan, debendo acceder periodicamente a estas para o seu coñecemento.

A páxina web comprende os textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías e software incluídos na mesma, xa sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual.

PRIMEIRA.- Titular da web

A UNIVERSIDADE DE VIGO, titular dos dominios http:/www.deporxest.uvigo.es e www.culturxest.uvigo.es, é unha institución de carácter público con domicilio social en Campus Lagoas – Marcosende s/n 36310. Vigo (Pontevedra - España) a efectos de notificacións, con C.I.F. Q-8650002B, e que, a través do seu Servizo de Extensión Universitaria, ten por obxecto a promoción da actividade física saudable e a cultura entre as persoas pertencentes a súa comunidade universitaria, podendo ser contactada a través da dirección de correo electrónico extension@uvigo.es.

SEGUNDA.- Obxecto da web

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo pon a disposición do público (en adiante USUARIO/A), que acceda aos dominios, www.deporxest.uvigo.es e www.culturxest.uvigo.es (en adiante WEBs), información e datos (en adiante CONTIDOS), mediante unha web de carácter informativa, podendo, ademais, a través da mesma, contratar os servizos ofrecidos (Ver Termos, Condicions de Uso e Política de Privacidade).

TERCEIRA.- Acceso á web

O acceso e uso das WEBs polos usuarios é gratuíto, sen previa autorización, subscrición ou rexistro.

O acceso e uso do USUARIO/A a estas WEBs non implica ningunha obriga sobre a calidade e velocidade do acceso por parte de la Universidade de Vigo, que poderá modificar as condicións de acceso ou suspender o acceso ás WEBs, ou parte delas, sen previo aviso, non responsabilizándose a Universidade de Vigo, das consecuencias, danos e prexuízos ocasionados pola modificación do acceso e a suspensión das WEBs.

O hardware e software necesarios para acceder á web serán por conta dos USUARIOS/AS. A Universidade de Vigo non será responsable do funcionamento nin das consecuencias destes, nin dos dereitos do uso ou licencias precisas para a súa utilización.

Tampouco será responsable a Universidade de Vigo de ningunha anomalía, mal funcionamento, deterioro, borrado de datos ou software que se produza nos equipos ou sistemas dos USUARIOS/AS, como consecuencia directa ou indirecta do acceso ou intento de acceso ás WEBs.

O servizo prestado pola Universidade de Vigo mediante as súas WEBs é por tempo indefinido, sen prexuízo de poder suspenderse ou cancelarse esta sen previo aviso.

CUARTA.- Contidos da web

Os CONTIDOS das webs son proporcionados polo Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

O idioma utilizado pola Universidade de Vigo nas WEBs será o galego, sen prexuízo da utilización doutras linguas, nacionais ou autonómicas. A Universidade de Vigo non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma das WEBs pola persoa usuaria, nin das súas consecuencias.

A Universidade de Vigo poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro das WEBs, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación ningunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar ás persoas usuarias.

Son propiedade da Universidade de Vigo todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual das WEBs, así como dos contidos que alberga.

Calquera uso das WEBs ou dos seus contidos deberá ter carácter exclusivamente particular. Está reservado exclusivamente á Universidade de Vigo, calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da páxina web, así como desta mesma, polo que ningún USUARIO/A poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito da Universidade de Vigo.

Prohíbese o uso dos contidos das WEBs para promover, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización da Universidade de Vigo, nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición das persoas usuarias, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.

As ligazóns ou hipervínculos que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a estas WEBs, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra da Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hipervínculos que se incorporen nas WEBs para a apertura de outras.

A Universidade de Vigo non garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o USUARIO/A por medio destas ligazóns, nin do bo funcionamento destas webs.

USO DE COOKIES. As cookies utilizadas nesta WEB son simplemente “cookies de autenticación o identificación de usuario”, polo que están excluídas do cumprimento das obrigacións establecidas no artigo 22.2 da LSSI.

QUINTA.- Usuarios/as da web

As persoas usuarias que accedan ás WEBs do Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo farano conforme á Lei, e están obrigados en todo momento a non acceder á web e aos contidos de forma contraria á establecida e/ou con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan danar, deteriorar, saturar ou ralentizar a web, en prexuízo da Universidade de Vigo ou de terceiras persoas.

As persoas usuarias non farán uso dos contidos das WEBs de forma contraria á Lei, (especialmente a Lei de Propiedade Intelectual e Industrial) usos e costumes e orden público, nin copiarán, distribuirán, difundirán, transformarán, modificarán ou manipularán estes.

O Servizo de Extensión Universitaria non dispón nas súas WEBs de produtos ou servizos a disposición das persoas usuarias onde estas deban introducir contidos ou información, como poidan ser grupos de noticias, chat, foros ou outros de carácter similar.

O acceso aos contidos das WEBs por parte do USUARIO/A será baixo a súa total responsabilidade non podendo repercutir á Universidade de Vigo calquera consecuencia derivada directa ou indirectamente do acceso á web, xa sexa de ámbito físico, lóxico, moral ou persoal.

A Universidade de Vigo poderá responsabilizar ás persoas usuarias que, facendo un mal uso das WEBs, causasen danos ou prexuízos a terceiras persoas, así como os posibles virus ou programas informáticos, que puidesen introducir, xerar, aloxar na web, e deterioren ou poidan deteriorar tanto os contidos como o bo funcionamento desta, así como os equipos, sistemas e programas dos usuarios da web.

A Universidade de Vigo poderá dirixirse contra as persoas usuarias sobre todas as reclamacións, indemnizacións, multas ou sancións administrativas que recaesen sobre a Universidade de Vigo e sexan responsabilidade directa ou indirecta dalgún USUARIO/A dos contidos ou servizos das WEBs.

Todas as persoas usuarias que coñezan algunha actuación que estea deteriorando ou poida deteriorar o bo funcionamento das WEBs do Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, modificar ou alterar os contidos desta, deberán comunicalo inmediatamente á Universidade de Vigo.

Servizo de Extensión Universitaria | Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal
Ourense: siope-ou@uvigo.es - 988 387 171 | Pontevedra: xacopo@uvigo.es - 986 801 949 | Vigo: avicext1@uvigo.es - 986 813 626