Servizo de Extensión Universitaria
DIXITALIZACIÓN DE NEGOCIO PARA PEMES E ONG´S - 2016/201
Tempada: 2015-2016
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Outras actividades

Instalacións onde se imparte:
DURACIÓN DA ACTIVIDADE
Data de inicio Data de fin
29/02/2016 18/03/2016
OUTRAS ACTIVIDADES 2016/201:  
- Horarios:
29 de febreiro.
1,2,3,4,,7,8,9,10,11,14,15,16,17,18 de marzo.
De 17:00h. a 19:00h.
- Lugar: Aula Tecnolóxica - Casa das Campás
- Máx. Inscricións 20   Mín. Inscricións 10
- Horas ECTS 30,00   Créditos de Libre Elección 1,0
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
Dotar ao alumnado de coñecementos, destrezas e capacidades para ampliar un negocio ou actividades sen ánimo de lucro, mediante a dixitalización da actividade no entorno de internet, empregando ferramentas e recursos gratuitos.
Impartido por JOSEFA PIÑEIRO CASTRO
Josefa Piñeiro Castro é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, máster en Profesorado e Doutora en Investigación e Comunicación pola Univ. de Vigo. Pertence ao persoal docente e investigador da Uvigo en proxectos de I+D+I financiados polo MICINN e colabora en varios departamentos da Univ. de Vigo.
Community Manager e Desarroladora Web con experiencia en empresas públicas (Fac. CC. Sociais e da Comunicación (Uvigo), Grupo Investigación Red CIES, congresos e revistas científicas de impacto da Uvigo) e privadas como a Aula Castelao de Filosofía, a empresa de comunicación GAED Comunicación, ou o xornal La Gaceta de Galicia.
Conta tamén con experiencia como formadora de xornadas, seminarios e obradoiros relacionados coas tecnoloxías da comunicación e a información (TIC), algún deles tamén para a Univ. de Vigo, onde xa impartiu cursos de formación docente, traballou en servizos informáticos e como colaboradora en actividades de Extensión Cultural.
Esta actividade conta co recoñecemento de 2 créditos L.E./ 1 crédito ECTS.
A inscrición será GRATUITA.
Somente se realizará a actividade de chegar ao mínimo de dez persoas inscritas.
Impartirá-se na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal