Servizo de Extensión Universitaria
OBRADOIRO AMATEUR DE CÓMO (NON) FACER UNHA PELÍCULA HOXE - 2015/800
Tempada: 2015-2016
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Obradoiros

Instalacións onde se imparte:
Casa das Campás - Pontevedra
CURSO 2015/800:  
- Horarios:
Venres, Sábado de 10:00 a 14:00
- Lugar: Casa das Campás - Sala de conferencias
- Máx. Inscricións 40  
- Horas ECTS 8,00  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
Solo se fai unha unha primeira película unha vez.
Obradoiro amateur de cómo (non) facer unha película hoxe
INTRODUCCIÓN
No cinema e na vida somos, ameirande parte das veces, o noso mellor inimigo, por iso hai tantas primeiras películas non natas ou enfermas, que no camino traicioáronse por medo a un excesivo coidado, ou que fallaron (xeniais) porque a batalla foi demasiado grande. Logo ven a segunda película, que é a máis fácil; a terceira que é a más difícil; e a cuarta, que é a película da melancolía segundo Truffaut. Pero, ¿cómo facer unha primera película hoxe eiquí? Só se fai unha primeira película unha vez por moito que algúns queiran agochala (de Otto Preminger a Albert Serra). ¿Pódese ensinar a facer cinema? Os cineastas non se xubilan, morren; están sempre aprendendo. As escolas son un noxo, a Academia e o maldito realismo castran ao que comeza e a falsa industria do cinema español (que non existe) despista, como as sereas a Ulises. Hai que insuflar un pouco de vida na arte e un pouco de arte na vida. Hai que comprender que en cinema a gramática é un instrumento, non unha lei, e que debe primar o sensible frente ao sentido, o instinto fronte a intelixencia. Que todo vale porque o cinema é un arte impuro, e que para facer unha película bastará dentro de pouco, como di Isaki Lacuesta, con pechar os ollos. (Javier Rebollo)
OBXECTIVOS
• Compartir as experiencias e o coñecemento cun veterano director de cinema
• Asumir a dificultade de desenvolver unha primerira longametraxe
• Coñecer o imaxinario estético do realizador
• Participar dunha experiencia comunitaria
ESTRUCTURA DA ACTIVIDADE
Relatorios (2)
• Presentación do relator
• Relatorio
• Intervencións e reflexións
DOCENTE
Javier Rebollo
Un dos realizadores máis reputados do cinema español contemporáneo. A súa obra, que abrangue a curtametraxe, o documental e a longametraxe de ficción, foi premiada en múltiples ocasións. Súas curtametraxes e documentais para Documentos Tv foron obxeto de retrospectivas no Festival de Cine Español de Bruselas e en Documenta Madrid. Seus filmes (Lo que sé de Lola, La mujer sin piano e El muerto y ser feliz), exhibidos en numerosos festivais internacionais, recibiron galardóns e entusiastas eloxios da crítica internacional especializada. Destacamos súa intensa tarefa docente en España e Francia.
METODOLOXÍA
As técnicas a empregar para tentar acadar os obxectivos son os que seguen:
• Contextualización funcional da actividade a realizar
• Utilización de estratexias expositivas axeitadas
• Instrumentalización dos recursos dispoñibeis
• Interacción entre a faceta académica e a divulgativa
TEMPORALIZACIÓN
Duración: oito horas
Número de sesións: dúas sesións de catro horas
Día: venres e sábado
Horario: 10.00h.-14.00h.
Datas: 11-12 Decembro do 2015
PREZO:
20 euros

Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal