Servizo de Extensión Universitaria
XUSTIZA TERAPÉUTICA E PRÁCTICAS RESTAURATIVAS - 2019/734
Tempada: 2019-2020
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Obradoiros

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
Puntual 25/10/2019 29/11/2019
Nome Usuarios Abonos Importe
Obradoiro - Comunidade universitaria ALUMNADO,PAS,PDI 26,00 €
Obradoiro - Persoas externas TITULADO/A,NON UNIVERSITARIO/A,FAMILIAR UVIGO 40,00 €
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
O taller pretende formar aos asistentes en prácticas fundamentadas no paradigma da XUSTIZA TERAPÉUTICA, que sostén que o dereito e a aplicación do mesmo ten capacidade para potenciar o benestar das persoas.
Este modelo insta a resolver non só o problema e conflito, senón tamén a causa que o motivou. Para acadalo incorpora ao sistema legal coñecementos e achados de distintas disciplinas, entre elas da PSICOLOXÍA, da CRIMINOLOXÍA E do TRABALLO SOCIAL.
Neste taller en concreto, desenrólanse as habilidades e competencias necesarias para empregar as PRÁCTICAS RESTAURATIVAS tanto de forma PROACTIVA como REACTIVA na resolución de conflitos de diferentes ámbitos (FAMILIAR, EDUCATIVO, SOCIAL, LABORAL, XUDICIAL E COMUNITARIO).
Focalizaremos a nosa atención nas bondades e beneficios que se derivan do emprego da PRÁCTICA DO CÍRCULO, que posibilitará a quenes a coñezan e a manexen desenrolar un clima de seguridade, respeto e igualdade, en tanto que ofrece, entre outras posibilidades, entrenar a habilidade para falar e escoitar aos demáis, activamente.
Tamén se entrenará na COMUNICACIÓN AMIGABLE e se ensinará a neutralizar aqueles factores que facilitan a activación de reaccións hostís e agresivas, destacando o efecto que xera a EMPATÍA.
Do mesmo xeito, entrenaranse as estratexias de COMUNICACIÓN VERBAL e NON VERBAL, que permiten a RESOLUCIÓN PACÍFICA de controversias e conflitos e relacións INTERPERSOAIS AXEITADAS.
Dirixido e coordenado por Francisca Fariña e María José Vázquez Figueiredo

Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal