Servizo de Extensión Universitaria
CONTROL DE SON EN RADIO - 2019/731
Tempada: 2019-2020
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Obradoiros

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
Puntual 04/11/2019 25/11/2019
Nome Usuarios Abonos Importe
Obradoiro - Comunidade universitaria ALUMNADO,PAS,PDI 26,00 €
Obradoiro - Persoas externas TITULADO/A,NON UNIVERSITARIO/A,FAMILIAR UVIGO 40,00 €
ÚNICO:  
- Horarios:
Días:
4,6,7,11,13,14,18,20,21 e 25 de Novembro de 2019
De 17:00h a 20:00h
- Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Aula de radio 2
- Máx. Inscricións 10   Mín. Inscricións 7
- Horas ECTS 30,00   Créditos ECTS 1,0
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
O obxectivo do obradoiro é a familiarización co posto de control de son nunha emisora de radio, así coma o perfecionamento no seu desempeño. Afondará-se no coñecemento dos distintos elementos técnicos que interveñen no control, como a mesa de son analóxica AEQ BC2500, os micrófonos, o mesturados auxiliar de micros, o mesturador de auriculares ou os reprodutores de son. Farán-se práticas de axilidade para gañar destreza no seu manexo, así coma dos programas de edición de audio Audacity e Adobe Audition, enfocados ao traballo en radio dun xeito prático e sinxelo (gravación, edición de voz para crónicas, multipista para montaxes sonoras, cuñas, etc..)
TEMÁTICA
-Introdución aos equipos técnicos comunmente empregados no control de son en radio
-Introducción práctica ao son, aplicado no contexto dunha radio
-Introducción práctica aos programas: Zara Studio, de reproducción de audio, e Audacity e Adobe Audition, de edición de audio
-Realización de control de son en diversos escenários, de máis sinxelos (poñer cancións e indicativos) a máis complexos (control de informativos con caretas entrada-saída, sintonías, ráfagas, cortinillas, cortes de audio, indicativos, cuñas, etc.)
Impartido por José María Bará, técnico en electrónica e locutor profesional con trinta anos de experiencia. Traballou na Cadena SER, 40 Principales, Cadena 100 e Grupo Radio España/Cadena Top Radio, en distintas cidades, desenvolvendo diversos postos a nivel provincial, rexional ou estatal coma control de son en cadena para toda España desde Madrid (xestionando en directo dobre programación con telecomando remoto de emisoras), productor e locutor de cuñas publicitarias, mantemento de equipos, locutor, redactor, editor de magazines e informativos, coordenador de emisora ou presentador de programas musicais.
Na actualidade é proveedor de contidos de audio para diversas empresas, grupos de comunicación, emisoras de radio e axencias de publicidade, entre outros.
O obradoiro será eminentemente práctico dende o primeiro día. En cada xornada, e tras unha nocións teóricas sobre os equipos, o alumnado utilizará os distintos recursos dispoñibles. O grao de dificultade se incrementará paulatinamente. O programa previsto será flexible e individualizado, adaptando-se deste forma á progresión de cada asistente.
Os recursos dos que disporán son os própios dunha emisora de radio, incluindo a mesa de son AEQ BC2500, dispositivos de monitorización (auriculares, altofalantes), ordenador de emisión e cabinas individuais de gravación con Adobe Audition e Audacity.
PROGRAMA DO OBRADOIRO
SEMANA 1
Xornada 1.- Axilidade no control de son 1. Familiarización cos dispositivos a utilizar no obradoiro.
Xornada 2.- Axilidade no control de son 1-B. Familiarización cos dispositivos a utilizar no obradoiro.
Xornada 3.- Uso práctico de ferramentas de reproducción/gravación 1. Familiarización con Adobe Audition e Audacity.
SEMANA 2
Xornada 4.- Uso práctico de ferramentas de reproducción/gravación 2. Uso práctico dos programas Adobe Audition/Audacity.
Xornada 5.- Axilidade no control de son 2. Control de directo básico.
Xornada 6.- Axilidade no control de son 3. Control de directo máis complexo.
SEMANA 3
Xornada 7.- Uso práctico de ferramentas de reproducción/gravación 3. Edición máis complexa de audio.
Xornada 8.- Axilidade no control de son 4. Control de directo, dificultade alta.
Xornadas 9 e 10.- Axilidade no control de son 5. Práctica final: control de directo, dificultade alta. Gravación final individual ao alumnado. Conclusións. Dúbidas finais.

FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal