Servizo de Extensión Universitaria
COMEDORES ESCOLARES ECOLÓXICOS: AVANZANDO CARA UNHA ECONOMÍA CIRCULAR NAS RESERVAS DE BIOSFERA - 2019/501
Tempada: 2018-2019
Campus: VIGO

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Cursos

Instalacións onde se imparte:
Concello de Allariz - Allariz
ÚNICO:  
- Horarios:
Luns 1 de xullo, martes 2 de xullo, mércores 3 de xullo e venres 5 de xullo:
- 10:00 a 14:00
- 16:00 a 20:00
Xoves 4 de xullo:
- 10:00 a 14:00
- 18:00 a 20:00
- Lugar: Concello de Allariz - Salón de Plenos
- Máx. Inscricións 80   Mín. Inscricións 25
- Horas ECTS 36,00   Créditos ECTS 1,2
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
Os obxectivos e a temática que pretende este curso son os seguintes:
- Visibilizar impactos compra de alimentos de proximidade nas economías locais.
- Comparar pegada carbono modelos alimentarios convencionais e ecolóxicos.
- Coñecer claves do funcionamento Eco-comedores escolares en España e Galicia.
- Identificar os requisitos para empresas produtoras vender comedores ecolóxicos.
- Aprendizaxe social e sustentabilidade: produto local, de tempada e compra local.
- Balanceado de menús. Manexo de alimentos e seguridade alimentaria.
- Coñecer novas tendencias en modelos nutricionais para os comedores escolares.
- Como iniciar proxecto eco-comedores escolares: primeiros pasos e alianzas locais.
- Futuro da alimentación nos colexios en Galicia: conexión co medio rural galego.
Inscricións: As persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesarias para conformar o grupo, as que fixeran a pre-inscrición recibirán un correo electrónico para que fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 horas. No caso de non facelo, perderán o dereito a reserva da dita praza.
Recoñecemento de créditos:
Ao remate do curso de extensión entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.

FOTOS
ARQUIVOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal