Servizo de Extensión Universitaria
NPOSITIVO, ATITUDE EMOCIONAL - 2018/840
Tempada: 2018-2019
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Obradoiros

Instalacións onde se imparte:
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Campus de Pontevedra
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
Puntual 25/02/2019 27/02/2019
PRAZOS DE MATRÍCULA
Prazo Inicio: Fin: Usuarios Periodo Grupo
INSCRICIÓN 11/02/2019 09:00 24/02/2019 23:59 ALUMNADO Puntual único
Nome Usuarios Abonos Importe
Inscrición gratuíta - alumnado ALUMNADO 0,00 €
ÚNICO:  
- Horarios:
25, 26 e 27 de febreiro de 2019
De 16:00h a 20:00h
- Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Plató
- Máx. Inscricións 18  
- Horas ECTS 12,00  
- Inscricións Periodo Usuarios Fin de Prazo Prazas
INSCRICIÓN Puntual ALUMNADO ata o '24/02/2019 23:59' 18 Libres
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
OBXECTIVOS
Un dos obxectivos principais do obradoiro será o aumento da atitude emocional dos asistentes.
Aínda que para un obxectivo tan xeral deberemos mergullarnos noutros máis específicos.
O primeiro e máis importante será coñecer a finalidade e significado das seis emocións principais e que máis vivirán e sentirán ao longo do obradoiro.
Así mesmo non podemos esquecer os obxectivos onde se apoia unha boa intelixencia e atitude emocional.
MOTIVACION
Nos tempos nos que vivimos fai-se realmente complicado estar motivados para a realización do noso traballo, estudos ou simplesmente o noso día a día. Neste obradoiro acadaremos a motivación intrínseca e non de estímulos externos ou materiais como noutras ocasións.
O poder que ten cada persoa de ser quen de conseguir o que se propoña. Coa metodoloxía apropiada tiraremos adiante ese pulo do non medo ao fracaso.
DESINIBICION
Coas técnicas do teatro e do clown conseguiremos o que outras persoas poderían considerar como ridículo e acadar con todo o noso proprio ser un cambio de perspectiva da nosa contorna e vida. Dicir o que se pensa, ser asertivos e asertivas, atuar como se pensa e non como mandan os canons da vida atual é realmente positivo. Fai-nos auténticos.
AUTOESTIMA
Cántos momentos perdidos, entrevistas de traballo, promocións internas desaproveitadas por falla de confianza en sí mesmo? Con dinámicas grupáis e individuáis acadaremos unha boa atitude coa que xerar confianza en sí mesmo e tamén en quen nos arrodea e deste xeito asentar unha boa autoestima.
IMAXINARIO
Temos un poder que, a medida que medramos en idade, imos perdendo ou deixamos de usar. No noso imaxinário nace a creatividade, o desenvolvemento de ideias e solucións aos nosos problemas. Cun imaxinario ativo e san xeramos endorfinas e serotoninas, facendo que nos sintamos mellor. O xogo será unha das nosas ferramentas para aumentar o noso imaxinario e por conseguinte mante-lo san e ativo.
DIRETOR DO CURSO:
Alberto Rosell
DIRIXIDO A ALUMNADO DA UVIGO

FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal