Servizo de Extensión Universitaria
VOLUNTARIADO GALA DO DEPORTE
Tempada: 2018-2019
Campus: VIGO

Bloque: VOLUNTARIADO
Tipo: Deportivo

Instalacións onde se imparte:
Concello de Vigo - Vigo
Nome Usuarios Abonos Importe
Inscricion gratuita - comunidade universitaria ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO 0,00 €
ÚNICO:  
- Horarios:
Mércores de 16:00 a 22:00
- Lugar: Concello de Vigo - Auditorio
- Máx. Inscricións 10  
- Horas ECTS 6,00  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
1.- Descrición do evento:
O vindeiro 21 de novembro do 2018 celebraremos a vixésimo sétima edición da Gala do Deporte da Universidade no auditorio do Concello de Vigo.

2.- Funcións:
- Apoio á organización e protocolo.
- Colaboración na atención ás persoas premiadas e ás persoas asistentes ao evento en xeral.

3.- Perfil das persoas voluntarias:
- Alumnado da Universidade de Vigo en xeral, sen necesidade de coñecementos ou formación específicas. Seleccionarase a un total de cinco persoas por orde de inscrición aínda que permitirase a inscrición de persoas na lista de agarda por se houbera baixas de última hora.

4.- Vantaxes:
Este ano, para agradecer este traballo altruísta, todo aquel voluntario/a que colabore na organización deste evento recibirá:
- O agasallo dunha prenda conmemorativa da evento.
- 6 horas en cómputo ECTS.
- Acceso gratuíto dende a data do evento ata o 31 de agosto á sala cardio-fitness do campus.

5.- Validación créditos ECTS:

O Servizo de Extensión Universitaria emitirá, previa petición da persoa interesada, a correspondente certificación de horas que o alumno/a deberá presentar na Secretaría do seu centro de estudos.

6.- Mais información e contacto:
Javier Rial Boubeta
Posto de traballp: Director Técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte
Tlf: 986814062
Correo electrónico: rial@uvigo.gal
Horario de atención e información aos voluntarios/as: luns a venres de 09:00 a 14:00 h.

FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal