Servizo de Extensión Universitaria
A NARRATIVA AUDIOVISUAL DO PRESENTE: VIEIROS, FORMATOS, PANTALLAS - 2018/553
Tempada: 2017-2018
Campus: OURENSE

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Cursos

Instalacións onde se imparte:
Auditorio Municipal Ilduara - Celanova
Nome Usuarios Abonos Importe
Curso de extensión - Comunidade universitaria ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO 32,50 €
Curso de extensión - Público en xeral 50,00 €
UNICO:  
- Horarios:
Día 3 de xullo de 17:00 a 21:45
Día 4 de xullo de 9:30 a 21:45
Día 5 de xullo de 9:30 a 21:00
Día 6 de xullo de 10:00 a 14:00
- Lugar: Auditorio Municipal Ilduara
- Máx. Inscricións 75   Mín. Inscricións 33
- Horas ECTS 30,00  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
Obxectivos e temática
- A creación audiovisual en todas as súas variantes, soportes e formatos, substanciada nunhaobra ou nun produto destinado a ser gozado e consumido polos receptores, é obra colectiva, unha suma de vontades ben coordinadas.
- O CeMAC2018 centrarase en coñecer e analizar as singularidades da ficción seriada, a súa
historia, aparición, auxe, transformación.
- Analizarase a posibilidade de existencia dun cambio de tendencia ou posible burbulla da
ficción seriada e as dinámicas actuais das empresas que xeran estos contidos (Movistar,
Netflix, etc.) das mans destes proveedores de contidos.
- Analizaranse varias series actuais para discernir as claves da narrativa audiovisual do presente, os distintos formatos que se manexan, as súas debilidades e fortalezas e o futuro que agarda a este tipo de formatos segundo a nova configuración de consumidores.
- Durante o Curso desenvolverase un taller de produción audivisual, baixo o título "Celanova,
plató de ficción", desenvolvido polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Universidade
de Vigo.
Inscricións
As persoas farán unha pre-inscrición a través desta Web. En canto se chegue o número mínimo de persoas necesarias para conformar o grupo, as que fixeran pre-inscrición recibirán un correo electrónico para que fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 horas. No caso de non facelo, perderán o dereito a reserva de dita praza.
Outra información importante:
As persoas empadroadas no Concello de Celanova ou os Amigos da Fundación Carlos Casares terán unha redución do 35% na taxa de inscrición.
Para que se lle aplique este desconto, estas persoas deberán solicitar a acreditación previa desta condición a través do seguinte enlace:
Recoñececemento de créditos
Ao remate do curso de extensión entregarase un diploma acreditativo (asistencia obligatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Transporte gratuíto
Para poder usar o transporte gratuíto, e para resolver dúbidas, cómpre facer unha reserva
de praza no seguinte correo electrónico: fundacioncarloscasares@gmail.com. A reserva de
transporte tamén inclúe, de forma automática, a reserva de aloxamento gratuíto.
Saírá un autobús que percorrerá os tres campus da Universidade de Vigo o día martes 3 de
xullo. O percorrido dese bus será:
- 10.00h: Pontevedra. Facultade de Ciencias Sociais e da Educación
- 10.30h: Vigo. Escola de Enxeñaría Industrial (Torrecedeira, 86)
- 11.30h: Ourense. Parada bus da rúa Mestre Vide (lado Escola de Idiomas)
- 12:00h: Celanova. Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC)
O regreso terá lugar o día 6 de xullo aproximadamente ás 14 horas, con percorrido inverso (a hora pode sufrir pequenas variacións suxeitas ao desenvolvemento do Curso).
As prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de reserva.
Aloxamento gratuíto
O Concello de Celanova pon a disposición do alumnado do CeMAC 18 o albergue municipalpara as noites do 3, 4 e 5 de xullo. O Concello ten regras propias para o correcto uso das
instalacións do albergue que serán comunicadas no momento da chegada ao AMIC.
A reserva de aloxamento, para os que non usen transporte, debe facerse mandando un
correo a fundacioncarloscasares@gmail.com.
As prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de reserva.

Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal