Servizo de Extensión Universitaria
ENSINAR CIENCIAS CON ROBÓTICA, PROGRAMACIÓN E PRODUCIÓN DE CONTIDOS MULTIMEDIA PARA ENCERADO DIXITAL - 2018/838
Tempada: 2017-2018
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Cursos

Instalacións onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Campus de Pontevedra
Nome Usuarios Abonos Importe
Curso de extensión - Comunidade universitaria ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO 52,00 €
Curso de extensión - Público en xeral 80,00 €
ENSINAR CIENCIAS CON ROBÓTICA, PROGRAMACIÓN E PRODUCIÓN DE CONTIDOS MULTIMEDIA PARA ENCERADO DIXITAL:  
- Horarios:
Do 5 ao 21 de xuño de 2018
De 9:30 a 14:30 horas
- Lugar: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Aula 10, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Aula 5, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Aula 9, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Laboratorio de Ciencias Experimentais
- Máx. Inscricións 35   Mín. Inscricións 26
- Horas ECTS 52,00   Créditos ECTS 1,0
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
Obxectivos do curso:
? Atender demandas formuladas polo alumando no curso impartido en 2017.
? Mostrar novos recursos para ensinar ciencias nas etapas de educación infantil e primaria
? Aprender robótica e programación con Science Learning Resourses.
? Analizar as posibilidades didácticas de diversos xoguetes programables e interactivos.
? Inserir o encerado dixital como recurso en novas metodoloxías docentes activas.
? Buscar, analizar e usar diferentes recursos web para levar a gamificación a aula.
? Propiciar a aprendizaxe da programación por obxectos mediante interfaces gráficas.
? Fomentar o traballo cooperativo de profesorado e alumnado.
? Comprender a integración da tecnociencia na educación do século XXI.
Metodoloxía que se vai empregar:
? As persoas asistentes ao curso constituirán “pequenos grupos de traballo”, que traballaran con cada un dos conxuntos de xoguetes tecnocientíficos interactivos que se indican en recursos. Mediante estes “sets” desenvolveráse unha ampla gama de actividades relacionadas coa ciencia e tecnoloxía do deseño, como por exemplo construír e programar modelos sinxelos, conectados a un equipo informático, para explorar obxectos e mecanismos sinxelos da vida real. Os equipos referidos poden ser utilizados en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, respectivamente. Nalgúns caso, segunda a súa idade, o alumnado das anteditas etapas será usuario dos obxectos construídos, participará na súa construción ou incluso no deseño de novos obxectos.
? A utilización destes materiais permite a xeración de ideas para a busca de solucións a situacións problema, así como a comunicarse e compartir finalidades e ideas e traballar conxuntamente. A obtención material dun produto final tanxible e avaliable aos ollos do alumnado permite un reforzo afectivo das aprendizaxes significativas realizadas na acción. Permite, tamén, integrar a robótica e o encerado dixital nas actividades de aula.
Recursos:
Conxuntos de xoguetes tecnocientíficos interactivos cos que conta a aula – laboratorio de Didáctica das Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, e encerado dixital:
1º.- Conxunto “Set LEGO Education We-Do” (6 unidades).
2º.- Conxunto “Science Learning Resourses”: Kit Code & Go Robot Mouse, Robot Sphero SPRK e Code and Go Mouse.
3º- Encerado Dixital Interactivo - EDI.
4º.- Robot emocional Aisoy.
Os equipos inclúen cadernos gráficos de instrucións en formato dixital, con animacións, figuras e o software gráfico necesario para a programación gráfica por obxectos.
Polo que respecta ao EDI, realizarase unha introdución ás últimas metodoloxía de utilización deste recurso docente, e empregarase como interface para o propio manexo colectivo dos obxectos de programacións. Ademais, integraranse os conxuntos We-Do nas actividades realizadas co EDI.
Distribución das actividades e dedicación:
- Horas presenciais: 30h.
- Horas de traballo persoal do alumnado: 22h.
- Horas totais: 52h.
Lugar de celebración (aula con indicación do aforamento, centro e localidade):
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Campus de Pontevedra. Aula-laboratorio de ciencias experimentais (25 prazas), Aula de docencia (25 prazas), Salón de graos (150 prazas) e un Aula de docencia (75 prazas).
Proceso de avaliación do estudantado:
- Ao comezo do curso cumprimentarase un formulario KPSI – Knowledge Prior Study Inventory para explorar os coñecemento previos e as expectivas das persoas asistentes mediante unha posta e común. Ao remate do curso, cubrirase novamente este formulario para que, tanto individualmente como en grupo, profesorado e alumnado poidan avaliar conxuntamente os logros acadados e as novas necesidades de formación.
- A presentación dos construtos desenvolvidos nos pequenos grupos de traballo, na sesión de peche do curso, complementará a avaliación antedita e servirá como reforzo positivo cara a mellora de futuras accións formativas.
http://education.lego.com/en-us/preschool-and-school/secondary/mindstorms-education-ev3
https://education.lego.com/en-us/lesi/middle-school/mindstorms-education-ev3
Procedemento de avaliación do curso:
- Efectuarase unha avaliación inicial a través de Formularios KPSI e posta en común en gran grupo.
- No decurso das sesións levarase a cabo un seguimento para detectar dificultades e demandas das persoas asistentes e tamén se efectuará o seguimento das actividades realizadas na aula virtual.
- Ao remate do curso, as persoas asistentes cumprimentarán unha enquisa anónima que permita analizar o grao de satisfacción das expectativas e as proposta de mellora no futuro, tanto neste curso como na solicitude de outras accións formativas.
?
PROGRAMA DO CURSO
Día: 5 de xuño de 2018
Hora: 9:30 ás 11:30 Presentación do curso, formación dos pequenos grupos de traballo, entrega de material.
Avaliación inicial: cumprimentación e posta en común dun Formulario KPSI (Knowledge and Prior Study Inventory).
Creación das maquetas temáticas para vinculadas a través de códigos QR ás actividades interativas deseñadas durante o curso.
María M. Álvarez Lires e Uxío Pérez Rodríguez. Universidade de Vigo
Hora: G1-G2-G3
11:30 ás 14:30 Iniciación á utilización do Encerado Dixital para a realización de actividades de ciencia creativa.
Introdución á robótica educativa a través da programación por bloques.
María A. Lorenzo Rial, María M. Álvarez Lires e Uxío Pérez Rodríguez
Universidade de Vigo
Día: 7 de xuño de 2018
Hora: G1
9:30 ás 14:30 “Iniciación a robótica educativa con Wedo e Scratch a través do Set LEGO Education WeDo e o Robot Emocional Aisoy”.
Xabier Álvarez Lires. Universidade de Vigo.
Hora: G2
9:30 ás 14:30 “Realización de actividades de ciencia creativa co encerado dixital interactivo integrando os Science Learning Resourses e a robótica”.
María A. Lorenzo Rial. Universidade de Vigo.
Hora: G3
9:30 ás 14:30 “Aprender a programar con Science Learning Resourses”: Kit Code & Go Robot Mouse, Robot Sphero SPRK e Code and Go Mouse”.
J. Francisco Serrallé Marzoa. Universidade de Vigo.
Día: 12 de xuño de 2018
Hora: G2
9:30 ás 14:30 “Iniciación a robótica educativa con Wedo e Scratch a través do Set LEGO Education WeDo e o Robot Emocional Aisoy”.
Xabier Álvarez Lires. Universidade de Vigo.
Hora: G3
9:30 ás 14:30 “Realización de actividades de ciencia creativa co encerado dixital interactivo integrando os Science Learning Resourses e a robótica”.
María A. Lorenzo Rial. Investigadora da Universidade de Vigo.
Hora: G1
9:30 ás 14:30 “Aprender a programar con Science Learning Resourses”: Kit Code & Go Robot Mouse, Robot Sphero SPRK e Code and Go Mouse”.
J. Francisco Serrallé Marzoa. Profesor da Universidade de Vigo
Día: 14 de xuño de 2018
Hora: G3
9:30 ás 14:30 “Iniciación a robótica educativa con Wedo e Scratch a través do Set LEGO Education WeDo e o Robot Emocional Aisoy”.
Xabier Álvarez Lires. Universidade de Vigo.
Hora: G1
9:30 ás 14:30 “Realización de actividades de ciencia creativa co encerado dixital interactivo integrando os Science Learning Resourses e a robótica”.
María A. Lorenzo Rial. Universidade de Vigo.
Hora: G2
9:30 ás 14:30 “Aprender a programar con Science Learning Resourses”: Kit Code & Go Robot Mouse, Robot Sphero SPRK e Code and Go Mouse”.
J. Francisco Serrallé Marzoa .Profesor da Universidade de Vigo
Día: 19 de xuño de 2018
Hora: G1-G2-G3 rotativos
9:30 ás 14:30 “Iniciación a robótica educativa con Wedo e Scratch a través do Set LEGO Education WeDo e o Robot Emocional Aisoy”.
Xabier Álvarez Lires. Universidade de Vigo.
Hora: G1-G2-G3 rotativos
9:30 ás 14:30 “Realización de actividades de ciencia creativa co encerado dixital interactivo integrando os Science Learning Resourses e a robótica”.
María A. Lorenzo Rial. Universidade de Vigo.
Hora: G1-G2-G3 rotativos
9:30 ás 14:30 “Aprender a programar con Science Learning Resourses”: Kit Code & Go Robot Mouse, Robot Sphero SPRK e Code and Go Mouse”.
J. Francisco Serrallé Marzoa . Universidade de Vigo.
Día: 21 de xuño de 2018
Hora: G1-G2- G3
9:30 ás 12:30 “Presentación do traballos desenvolvidos polos grupos e formulación de propostas metodolóxicas de traballo na aula.”
Xabier Álvarez Lires, J. Francisco Serrallé e María A. Lorenzo Rial
Hora: G1-G2-G3
12:30 ás 14:30 “Avaliación do curso. Conclusións, demandas de formación e propostas de mellora en gran grupo”.
María M. Álvarez Lires e Uxío Pérez Rodríguez. Universidade de Vigo
5.2 Resto de actividades
Durante a realización do curso habilitarase un aula virtual no espazo de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia CESGA (http://eduponte.cesga.es).
Nesta aula-virtual, o alumnado realizará actividades de aprendizaxe colaborativa, non presenciais, cunha duración de 22 horas.

FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal