Servizo de Extensión Universitaria
ESTRATEXIAS PARA A PREVENCIÓN E RECUPERACIÓN DE LESIÓNS NA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE - 2018/840
Tempada: 2017-2018
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Cursos

Instalacións onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Campus de Pontevedra
ESTRATEXIAS PARA A PREVENCIÓN E RECUPERACIÓN DE LESIÓNS NA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE:  
- Horarios:
Do 4 ao 6 de xuño de 2018
De 9:00 a 14:00 horas e de 16.00 a 21:00 horas
- Lugar: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Pavillón deportivo, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Salón de Graos
- Máx. Inscricións 75   Mín. Inscricións 56
- Horas ECTS 30,00   Créditos ECTS 1,0
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
Presentar aos participantes as novas tendencias na prevención e recuperación de lesións.
Dar a coñecer as posibilidades laborais desta figura no eido do deporte.
Coñecer de que xeito se pode intervir na práctica na prevención e recuperación de lesións.
A temática é a prevención e recuperacións de lesións na actividade físico e o deporte.
Métodos e recursos:
O curso ten unha orientación teórico-práctica. Cada relatorio organízase en dúas partes: unha xustificación teórica e unha sesión práctica. A parte teórica desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte. E a parte práctica no pavillón.
Contamos no Centro co material axeitado para o desenvolvemento de ambas sesións.
Utilizarase como método didáctico a clase maxistral, o traballo en pequenos grupos e a resolución de casos prácticos.
Programa:
Día: 4-6-18
Hora: 9.00 a 10.00
Presentación do curso. A figura do readaptador deportivo no deporte CARLOS LAGO PEÑAS
Hora: 10.00 a 14.00
Return to play. A reincorporación dos lesionados ao adestramento co equipo e á competición.
EDUARDO DOMINGUEZ LAGO.-Licenciado e doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Preparador físico en Bejing Renhe, RC Celta, RCD Español, Real Sociedad, Deportivo, Spartak Moscú, RCD Mallorca e SC Baniyas.
Hora: 16.00 a 21.00
Análise, observación e control de datos no proceso de readaptación LUIS CASAIS MARTINEZ.- Licenciado e doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo. Preparador físico e readaptador no FC Rostov, Spartak Moscú, Wuhanzall, Hebei China Fortune.
Día: 5-6-18
Hora: 9.00 a 14.00
Alimentación aplicada á readaptación e prevención de lesións JUAN MARTINEZ FERNANDEZ.- Fisioterapeuta e dietista. Fisioterapeuta no RC Celta e Rubin Kazan.
Hora: 16.00 a 21.00
Procesos de readaptación e prevención de lesións NUFC. Estudo de casos.
CRISTIAN FERNÁNDEZ.- Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Readaptador no Newcastle United FC e no Hull FC.
Día: 6-6-18
Hora: 9.00 a 14.00
Prevención de lesións en isquiotibiais, ligamento cruzado anterior e ombreiro.
CARLOS ALONSO CALVAR.
Hora: 16.00 a 20.00
Valoración e test no proceso de recuperación de lesións FELIX FERNÁNDEZ CAO.- Licenciado en Educación Física. Readaptador en Hebei China Fortune.
Hora: 20.00 a 21.00
Clausura. O futuro da prevención e readaptación de lesións CARLOS LAGO PEÑAS.- Licenciado e doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación e
do Deporte da Universidade de Vigo.

FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal