Servizo de Extensión Universitaria
POSTA EN ESCENA DUNHA OBRA TEATRAL - 2017/807
Tempada: 2017-2018
Campus: VIGO

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Obradoiros

Instalacións onde se imparte:
Edificio Miralles - Campus Lagoas-Marcosende - Vigo
Teatro Roberto Vidal Bolaño - Campus Lagoas-Marcosende - Vigo
ÚNICO:  
- Horarios:
Luns, Mércores de 16:00 a 19:00
- Lugar: Teatro Roberto Vidal Bolaño, Edificio Miralles - Sala 2
- Máx. Inscricións 50  
- Horas ECTS 30,00   Créditos ECTS 1,0
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
2017/807
AULA DE TEATRO: POSTA EN MARCHA DUNHA OBRA TEATRAL
Casilda García Alfaro e Sonia Rúa (Teatro de ningures).
Neste obradoiro e despois de aprender no anterior cuadrimestre (Iniciación ao teatro) todo o traballo de corpo e vocal necesario, o alumnado traballará na posta en escena dunha obra de teatro que se estreará na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) que organiza cada ano a Universidade de Vigo.
Lugar: Luns (teatro de Cidade Universitaria), Mércores (edi. Miralles Sala II).
Límite de prazas: So para os matriculados do obradoiro do primeiro cuadrimestre.
Recoñecemento de créditos:
Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.

Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal