Servizo de Extensión Universitaria
AULA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: CANTO, PERCUSIÓN, GAITA E BAILE - 2017/736
Tempada: 2017-2018
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: CULTURA
Tipo: Música e danza

Instalacións onde se imparte:
Escola de Enxeñaría Forestal - Campus de Pontevedra
ÚNICO:  
- Horarios:
PRIMEIRO CUADRIMESTRE
Mércores dende 4 de outubro 2017 a 17 xaneiro 2018:
4,11,18 e 25 de outubro 2017
8,15,22 e 29 de novembro 2017
13 e 20 de dezembro 2017
10 e 17 de xaneiro 2018
SEGUNDO CUADRIMESTRE
Mércores dende 7 de febreiro a 9 de maio de 2018
7, 21 e 28 de febreiro
7, 14 e 21 de marzo
4, 11, 18 e 25 de abril
2 e 9 de maio
De 16:00h. a 20:00h.
- Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal - Salón de Actos
- Máx. Inscricións 26   Mín. Inscricións 10
- Horas ECTS 48,00  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
AULA PERMANENTE DE MUSICA TRADICIONAL
CAMPUS DE PONTEVEDRA
OBXECTIVOS
1. Ofertar a posibilidade de iniciarse na interpretación dun instrumento tradicional
2. Facilitar a continuidade no ensaio con este tipo de instrumentos a alumnado que por razóns de estudos
ten que deixar de facelo nos seus lugares de orixe.
3. Acadar a creación dun grupo estable de instrumentos populares galegos no Campus de Pontevedra.
MODALIDADES
MODALIDADE INICIACIÓN:
O alumnado aprenderá as nocións básicas e fundamentais do funcionamento de diferentes instrumentos
populares galegos (gaita, percusión, zanfona, frautas...) en clases colectivas de tres horas de duración cada
clase. O tempo repartirase por igual entre o alumnado en dúas fases: ensino da técnica, e práctica
autónoma supervisada.
Para o ensino dos mesmos é recomendable que o alumnado traía consigo, dentro do posible, o
instrumento que máis lle guste aprender a tocar, unha vez probados tódolos que desexe. Só no caso da
zanfona (por tratarse dun instrumento dun prezo elevado e de difícil adquisición), o profesor aportará
unha, que se repartirá ao longo da clase, en tempos iguais entre os alumnos interesados en practicar con
ela.
MODALIDADE PERFECCIONAMENTO:
O alumno aprenderá a perfeccionar, ampliar e diferenciar a interpretación nos diferentes instrumentos
populares galegos (gaita, percusión, zanfona, frautas...) en clases colectivas de tres horas de duración cada
clase. O tempo repartirase por igual entre o alumnado en dúas fases: ensino da técnica, e práctica
autónoma supervisada. Estará destinado a alumnado que xa posúan coñecementos previos nestes
instrumentos.
PROFESORADO
LUIS SÁNCHEZ BOLÓN
• FORMACIÓN:
Grado profesional en Gaita Galega. Grado profesional en trompa.
Clases de percusión tradicional con Xosé Lois Romero. Clases de zanfona e requinta con Suso Vaamonde.
Curso de pandeiro e pandeira con Luis Prego.
• EXPERIENCIA DOCENTE:
Profesor de gaita e percusión tradicional na Escola de Música Sementeira de Cambre (2013- actualidade)
Profesor de percusión tradicional Centro Cívico de Feáns (2014-2015)
Profesor de gaita e percusión tradicional no Colexio Obradoiro (2015-actualidade)
Profesor de percusión nas Escolas da Terra (Escolas de Cántigas da Terra) (2015-actualidade) Profesor en
edicións anteriores do Obradoiro de Interpretación de Instrumentos Populares no Campus de Pontevedra
• EXPERIENCIA MUSICAL:
Banda de Música Sementeira de Cambre -7 Músico solista (gaita, zanfona e percusión tradicional)
(2012,2014,2015)
Banda de Música Municipal de Sada -7Gaiteiro solista. (2013)
TIPOS DE AULAS. ESTRUCTURA E CONTIDO DE CADA UNHA.
AULAS DE ESPECIALIDADE CO MESTRE
• Traballo instrumento por instrumento. (seccións)
• Grupos reducidos/individual con adicación do 70 %
• Ideadas para traballar a técnica, excecución e linguaxe propia do
instrumento, así como para corrixir erros.
• Traballaranse as posturas corporais óptimas e a correcta posición co
instrumento.
• Contarase con unha programación didáctica propia, que se irá adaptando
“in situ” ás necesidades e intereses do alumnado.
• Con elas intentarase dotar o alumnado dos recursos necesarios para
poder abordar o seu repertorio.
• Estableceranse varios niveis para alumnos que comecen a súa andaina musical e outro para
alumnos con maior bagaxe. (nivel I e II)
GAITA Coñecemento do repertorio gaiteiro
• Traballo da articulación e a ornamentación en base aos diferentes estilos e criterios tradicionais así
como a música de autor (picados, batementos, semitrinos, apoiaturas, toque aberto/pechado…)
para abordalos como un xeito de frasear e de expresión do gaiteiro e non como un mero lucimento
técnico.
• Afinación e empaste dos diferentes tubos sonoros (punteiro, ronco, ronqueta)
• Posta a punto do instrumento.
Repertorio: Buxos verdes, Heicho de dar queridiña, Himno Galego, Marcha do Antigo Reino de Galiza,
Marcha procesional do S. Bieito, Pasodobre dos Carballeiras, entre outras que se irán propoñendo ao longo
do curso.
PERCUSIÓN I Bombo, tamboril e pandeireta
• Afondaremos nos recursos que podemos empregar para acompañar as melodias da gaita.
• Traballo de arranxos para tamboril, pandeireta e bombo (figuras rítmicas, dinámicas, ...)
• Técnica: agarre das baquetas, colocación do instrumento, materiais (tipos de peles, de bordóns,
madeiras…)
PERCUSIÓN II Percusión de man e percusión miúda
• Experimentar cas sonoridades tradicionais e coñecemento da
técnica de cada instrumento.
• Traballo do repertorio tradicional e tamén das posibilidades
actuais destes instrumentos.
Percusión de man: coñecemento do repertorio propio dos pandeiros e
pandeiras así como dos seus toques tradicionais dependendo de cada zona.
Percusión miúda: traballo nas súas posibilidades sonoras a través da experimentación cos instrumentos e
os diferentes materiais para poder formar un “ensemble” de percusión.
Repertorio: cantos de pandeiro e pandeira, posibles arranxos.
ZANFONA
• Posta a punto do instrumento.
• Nocións históricas do instrumentos e dos seus recuperadores (Os cegos.
Faustino Santalices, Perfecto Feijoo…)
• Afinación e empaste. (cordas cantantes, bordóns…)
• Técnica tradicional e técnica mordena: como articular cada frase musical
• Profundizar nas posibilidades sonoras do instrumento.
Repertorio orientativo: Cantos de cego, Valse de Taramundi, Alalá das Mariñas, Foliada de Baiona, Muiñeira
de Sabaxáns, etc.
FRAUTAS
Traballo dos diferentes instrumentos de vento: flautas de bisel, traveseiras,
ocarinas…
• A requinta, frauta e o pínfano como instrumentos principais.
• Achegamento a música folk
• Control da respiración
• Calidade e emisión do son
• Articulación como xeito de expresión para frasear de xeito correcto
Repertorio: Muiñeira de Santa María de Oleiros, Foliada de Barro de Arén, Pasodoble de San Roque,
Alborada Anterga de Ourense.
PRÁCTICA INDIVIDUAL (ADICACIÓN DO 30%)
O alumno ten un tempo para o seu estudo persoal con material propio ou instrumentos do obradoiro, está
enfocado para poder mellorar e traballar todas as cuestións vistas nas clases anteriores.
Actividade parcialmente dirixida con adicación do 30 %
AULAS COLECTIVAS (Conxunto, grupo…)
• Traballo conxunto dun repertorio. Posta en común e memorización das obras.
• Música tradicional. Necesidade de tocar en grupo.
• Formar un grupo de música estable no campus.
• Traballo e coñecemento dos xéneros básicos da música popular galega.
• Traballo de afinación e empaste.
• Traballo dos planos que ocupan os instrumentos e a función de cada ún.
Escolla de repertorio dependendo do tipo de concerto e grupos
Grupos para aulas colectivas:
1.-Gaitas e percusión I
-Profundizarase no repertorio propio dos grupos de gaiteiros que inundaron o país ao longo do século
XX. Exemplo: Repertorio de Ricardo Portela, cuartetos (Os Campaneiros, Os Areeiras…) Repertorio
orientativo: Marcha de San Bieito, O Vira o pé, Ribeirana de Vigo, A Farruquiña, Foliada de Pontevedra,
Buxos Verdes, Himno Galego, Marcha do Antigo Reino, Marcha do San Bieito, Pasodoble dos Carballeiras.
-Posibles arranxos e harmonizacións para gaita e percusión.
2.-Zanfonas, flautas e percusión II
-Agrupación máis acústica.
-Repertorio orientativo: O Carro, Foliada de Arzúa, Maria
(valse), Fisterra, Valse de Taramundi, Os teus ollos, Valse de
Ribadavia
3.-Tutti/ Ensemble de instrumentos populares – Grupo de Música Tradicional do Campus de Pontevedra
-Coñecer as diferentes fontes das que podemos sacar repertorio: traballos de campo, cancioneiros, coros
históricos…
-Traballar nas posibilidades que estes insturmentos teñen en conxunto.
-Profundizar nos arranxos e combinacións a través de arranxos feitos na clase.
-Repertorio orientativo: Marcha do Antigo Reino, Pasacorredoiras de Monel, Heicho de dar queridiña.
HORARIOS
- PRIMEIRA PARTE. De 16:00 a 17:30
o Gaitas
 Gaita I
 Gaita II
o Zanfona
- SEGUNDA PARTE. De 17:30 a 18:30
o Aula colectiva
 Todos os instrumentos
- TERCEIRA PARTE. De 18:30 a 20:00
o Percusión
 Tamboril, Bombo.
 Pandeiro, Pandeireta
 Pandeira
o Percusión miúda
 Tarrañolas
 Triángulo
o Frautas
 Frauta doce
 Traveseira
 Requinta
 Pínfano ou frautín

Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal