Servizo de Extensión Universitaria
CONCERTO DE NADAL UNIVERSIDADE DE VIGO - CAMPUS VIGO
Tempada: 2017-2018
Campus: VIGO

Bloque: CULTURA
Tipo: Música e danza

Instalacións onde se imparte:
DURACIÓN DA ACTIVIDADE
Data de inicio Data de fin
19/12/2017 19/12/2017
PRAZOS DE MATRÍCULA
Prazo Inicio: Fin: Usuarios Periodo Grupo
INSCRICIÓN 04/12/2017 09:00 18/12/2017 23:59 ALUMNADO,PAS,PDI CONCERTO 2017 Único
Nome Usuarios Abonos Importe
Inscricion gratuita 0,00 €
ÚNICO:  
- Horarios:
MAR de 20:30 a 22:30
- Lugar: Teatro Afundación Vigo
- Máx. Inscricións 850  
- Inscricións Periodo Usuarios Fin de Prazo Prazas
COMPLETO CONCERTO 2017 ALUMNADO,PAS,PDI ata o '18/12/2017 23:59' 0 Libres
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
O Pergamiño Vindel: Unha viaxe musical
Unha proposta de Cristina Pato e a Universidade de Vigo
A fascinante historia do descubrimento do pergamiño serve de leitmotiv desta proposta. Unha viaxe a través da migración do propio pergamiño, dende a particularidade do seu descubrimento no De Officiis de Cicerón ate as súas viaxes dende Madrid a Suecia e logo a Nova York, para aterrar finalmente en Vigo no 2017.
Un concerto seminarrado que integraría diferentes disciplinas e perspectivas no que supón e supuxo o descubrimento deste documento histórico para a memoria cultural de Galicia. Incluíndo as cuestións ao redor do feito de que finalmente o documento atopase o seu fogar no exterior.
Unha proposta orixinal que incluiría sete arranxos das cantigas orixinais desenvolvidos por recoñecidos artistas galegos de diferentes disciplinas musicais (dende a música antiga, até o jazz pasando pola música tradicional), unindo así os mundos e as músicas nos que o pergamiño atopou o seu fogar nos últimos cen anos. Estes sete arranxos irían enlazados con pequenas conversas, en formato entrevista, nas que participarían expertos no pergamiño e a súa historia. Contando así con Cristina Pato como narradora e moderadora destas conversas (aludindo á conexión Cicerón), así como músico e directora artística do evento.
A mistura entre unha conferencia-concerto e un espectáculo musical é o formato mais axeitado para non só dar a coñecer o contenido musical do pergamiño, senón que tamén nos axudaría a contar a fascinante historia da súa migración, o seu impacto na nosa cultura e mostrar un xeito máis de mantelo vivo a través das linguaxes musicais de onte e de hoxe.
Todo contado por músicos e expertos galegos.
ARTISTAS PARTICIPANTES:
Grupo Martín Códax
Anxo Pintos (zanfona)
Begoña Riobó (violino)
Woyza (voz)
O Coro da Mariña dirixido por Ugía Pedreira e Pierrot Rougier
Yago Vazquez (piano)
Roberto Comesaña (acordeón)
Miguel Cabana (percusión, batería)
Coa especial colaboración dos expertos no Pergamiño:
María do Camiño Noia Campos e Xosé Bieito Arias Freixedo

FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal