Servizo de Extensión Universitaria
LOCUCIÓN AUDIOVISUAL - 2016/834
Tempada: 2016-2017
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: Obradoiros

Instalacións onde se imparte:
DURACIÓN DA ACTIVIDADE
Data de inicio Data de fin
06/03/2017 27/03/2017
Nome Usuarios Abonos Importe
Obradoiro 2016/834 Comunidade universitaria ALUMNADO,PAS,PDI 26,00 €
Obradoiro 2016/834 Persoas non universitarias TITULADO/A,NON UNIVERSITARIO/A 40,00 €
OBRADOIRO LOCUCIÓN AUDIOVISUAL:  
- Horarios:
Luns e xoves dende 6 a 27 de marzo 2017
De 16:00h. a 20:00h.
- Lugar: Plató - Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
- Máx. Inscricións 20   Mín. Inscricións 16
- Horas ECTS 30,00   Créditos de Libre Elección 2,0
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
OBXECTIVOS:
- Estudar o proceso de produción da voz e formarse no manexo das súas calidades sonoras, imprescindibles para a correcta locución de mensaxes.
- Potenciar a oralidade para facer máis efectivos os contidos audiovisuais.
- Optimizar os recursos expresivos propios para aplicalos á interpretación das distintas mensaxes.
- Dominar o uso da respiración e do aparello fonador como principal instrumento de produción da voz..
DESENVOLVEMENTO E TEMATICA
O obradoiro terá un carácter eminentemente práctico. A estruturación desta acción formativa baséase no principio de favorecer os distintos ritmos de aprendizaxe dos alumnos, tendo en conta que non só é importante a asimilación dos contidos conceptuais, senón que tanto as habilidades como actitudes serán fundamentais para aplicar os coñecementos nun entorno profesional.
As clases terán como eixo fundamental a seguinte temática:
Introdución á locución na comunicación audiovisual.
Características da redacción audiovisual; adaptación ás particularidades do medio radiofónico e televisivo. O uso correcto do idioma.
Mecanismos de produción da voz: Respiratorio, fonador e articulatorio.
Calidades da voz: A intensidade, o ton e o timbre.
Ortofonía e dicción. A pronunciación: adaptación ás características de cada lingua.
A locución a partir dos textos escritos: características, cadencia e estilo do locutor.
Entoación, ritmo e actitude. Velocidade de lectura, pausas, a adaptación ás características do discurso audiovisual.
Locución publicitaria. A narración documental. A locución creativa e interpretativa.
XUSTIFICACION E MOTIVACION
A locución é unha das actividades máis importantes e representativas de todas as vinculadas ao sector audiovisual e que máis profesionais demanda. Na actualidade, as empresas e grupos de comunicación, axencias de publicidade, produtoras etc. esixen perfiles cada vez máis especializados e polivalentes. Velaí a importancia deste obradoiro, que instruirá aos alumnos na potenciación das súas calidades orais, axudándolles a optimizar os seus propios recursos e complementando a súa formación como futuros comunicadores.
MAIKA AGUADO
Actriz, e graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Comezou a súa andaina artística na compañía de teatro Vacaloura de Vigo.
A súa experiencia nos medios de comunicación ven abalada por máis de dúas décadas en emisoras e canles como, Radio Noroeste, Radio Galega, Televisión de Galicia, Televisión do Val Miñor e Tele Vigo.
Participou como actriz en series de ficción audiovisual como, Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Expréss, O Faro e Urxencia 0.
Paralelamente desenvolve o seu labor como actriz de dobraxe en galego e castelán dende o ano 89 para grupos de comunicación e canles como a TVG, A3 Media, Mediaset, TVE e Discovery Channel. Nesta faceta profesional prestou a súa voz a actrices como, Mariel Hegminway, Márilin Monroe, Ornella Muti, Romy Schneider, Jodie Foster, Andie Macdowell, Tori Spelling, Kathy Bates ou Jennifer Connelly entre outras.
No ámbito da docencia foi profesora de dous cursos do plan FIP da Xunta de Galicia baixo o epígrafe Locutor de Radio e Televisión na Radio Televisión de Tui e na Radio Estrada. Profesora de teatro, durante dous cursos escolares de Educación Primaria, no colexio vigués Niño Jesús de praga. Tamén impartiu un Obradoiro de Teatro para Mulleres da Terceira Idade por iniciativa da Concellería da Muller de Santiago de Compostela.
Na actualidade ven de impartir a segunda edición do curso de posgrao Iniciación á Dobraxe Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Recibiu unha homenaxe da Asociación de Protectoras de Animais da provincia de Pontevedra polo labor desenvolvido no programa de Tele Vigo, A Arca de Noé. Formou parte do equipo gañador do Concurso de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro de Lalín. É membro da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia e do Colexio de Xornalistas de Galicia.

Servizo de Extensión Universitaria | Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal
Ourense: siope-ou@uvigo.es - 988 387 171 | Pontevedra: xacopo@uvigo.es - 986 801 949 | Vigo: avicext1@uvigo.es - 986 813 626