Servizo de Extensión Universitaria
INTERPRETACIÓN DE INSTRUMENTOS POPULARES GALEGOS - 2016/833
Tempada: 2016-2017
Campus: PONTEVEDRA

Bloque: Obradoiros

Instalacións onde se imparte:
DURACIÓN DA ACTIVIDADE
Data de inicio Data de fin
01/02/2017 26/04/2017
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
Puntual 01/02/2017 26/04/2017
PRAZOS DE MATRÍCULA
Prazo Inicio: Fin: Usuarios Periodo Grupo
RESERVA 26/12/2016 09:00 27/01/2017 23:59 Puntual Obradoiro interpretación instrumentos
Nome Usuarios Abonos Importe
Obradoiro 2016/833 Comunidade universitaria ALUMNADO,PAS,PDI 26,00 €
Obradoiro 2016/833 Persoas non universitarias NON UNIVERSITARIO/A 40,00 €
OBRADOIRO INTERPRETACIÓN INSTRUMENTOS:  
- Horarios:
Todos os mércores de febreiro, marzo e abril.
De 16:30h. a 19:30h.
- Lugar: Taller de madeira - Escola de Enxeñaría Forestal
- Máx. Inscricións 20   Mín. Inscricións 16
- Horas ECTS 30,00   Créditos de Libre Elección 2,0
- Inscricións Periodo Usuarios Fin de Prazo Prazas
RESERVA Puntual ata o '27/01/2017 23:59' 13 Reservas
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
INTERPRETACIÓN DE INSTRUMENTOS POPULARES GALEGOS
Obxectivos:
O obradoiro pretende acadar tres obxectivos:
1. Iniciar a quen o desexe no coñecemento e interpretación dos instrumentos populares mais utilizados na música tradicional: Gaita, pandeireta, zanfona, acordeón, tamboril, bombo, etc.
2. Recoller aos estudantes que xa tocan en grupos nas súas vilas de orixe, e que tiveron que facer un parón nos seus ensaios e progresión, e ofertarlle un lugar onde continuar adicándose ao seu instrumento.
3. Acadar a creación dun grupo estable de instrumentos populares galegos no Campus de Pontevedra.
Proxecto:
O curso desenrolarase no Salón de Actos da E.E. Forestal de Pontevedra
1. Nivel de iniciación: destinado para todos aqueles alumnos que estean interesados en coñecer calquera dos instrumentos que se ofertan, e non teñan ningún tipo de coñecemento, nin teórico nin práctico dos mesmos. (15 horas)
2. Nivel de perfeccionamento: destinado a todos aqueles alumnos que xa teñan un contacto con calquera tipo de instrumento dos mencionados anteriormente. Coordinando este nivel acadaríase ao final do obradoiro a creación dun grupo de música estable para o Campus. (15 horas)
Modalidade INICIACIÓN:
O alumno aprenderá as nocións básicas e fundamentais do funcionamento de diferentes instrumentos populares galegos (gaita, acordeón, percusión, zanfona...) en
clases colectivas de tres horas de duración cada clase. O tempo repartirase por igual entre os alumnos en dúas fases: ensino da técnica, e práctica autónoma supervisada.
Para o ensino dos mesmos é recomendable que o alumno traia consigo, dentro do posible, o instrumento que máis lle guste aprender a tocar, unha vez probados tódolos que o alumno desexe. Só no caso da zanfona (por tratarse dun instrumento dun prezo elevado e de difícil adquisición), o profesor aportará unha, que se repartirá ao longo da clase, en tempos iguais entre os alumnos interesados en practicar con ela.
O horario será de 16:30h a 19:30h todos os mércores de febreiro, marzo e abril de 2017.
Profesorado: Luis J. Sánchez Bolón
Modalidade PERFECCIONAMENTO:
O alumno aprenderá a perfeccionar, ampliar e diferenciar a interpretación nos diferentes instrumentos populares galegos (gaita, acordeón, percusión, zanfona, frautas...) en clases colectivas de tres horas de duración cada clase. O tempo repartirase por igual entre os alumnos en dúas fases: ensino da técnica, e práctica autónoma supervisada.
Estará destinado a alumnos que xa posúan coñecementos previos destes instrumentos.
O horario será de 16:30 h a 19:30 h todos os mércores de febreiro, marzo e abril de 2017.
Profesorado: Luis J. Sánchez Bolón
D. JOSÉ LUIS SÁNCHEZ BOLÓN
CURRICULUM:
FORMACIÓN:
Grado profesional en Gaita Galega.
Grado profesional en trompa.
Clases de percusión tradicional con Xose Lois Romero.
Clases de zanfona e requinta con Suso Vaamonde.
Curso de pandeiro e pandeira con Luis Prego.
Actualmente estuda no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.
EXPERIENCIA DOCENTE:
Profesor de gaita e percusión tradicional na Escola de Música Sementeira de Cambre (2013-actualidade) Profesor de percusión tradicional Centro Cívico de Feáns
(2014-2015)
Profesor de gaita e percusión tradicional no Colexio Obradoiro
(2015-actualidade)
Profesor de percusión nas Escolas da Terra (Escolas de Cántigas da Terra) (2015-actualidade) EXPERIENCIA MUSICAL:
Colabora ca Banda de Música Sementeira de Cambre como músico solista (gaita, zanfona e percusión tradicional)
(2012,2014,2015)
Colabora ca Banda de Música Municipal de Sada como Gaiteiro solista. (2013)

Servizo de Extensión Universitaria | Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal
Ourense: siope-ou@uvigo.es - 988 387 171 | Pontevedra: xacopo@uvigo.es - 986 801 949 | Vigo: avicext1@uvigo.es - 986 813 626